Este mércores 21 de febreiro temos a visita no centro da escritora Isabel Blanco para falarnos do seu libro “As receitas de Rosaura" co que as nenas e os nenos de segundo de primaria están traballando durante este curso.
As receitas de Rosaura é o primeiro libro infantil de receitas en verso escrito en galego.
Rosaura é unha cociñeira diferente que cociña ao ritmo dunha muñeira e vainos presentar 6 deliciosas receitas para poder facer xuntos maiores e pequenos. (Algunhas xa as fixeron na aula os alumnos e alumnas de segundo curso).
Un libro moi divertido cunhas ilustracións marabillosas (realizadas por Luz Beloso) que recomendamos a todos e a todas ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario