viernes, 23 de febrero de 2018

VISITA DO CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO: CONTAMINACIÓN MARÍTIMA

Aproveitando a celebración do día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febrero), esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro con tres mulleres científicas do Centro Oceanográfico de Vigo que viñeron a falarnos sobre a contaminación mariña, Isabel Ramilo, Virginia Filgueiras e Agueda Cabrero.

Todo o alumnado do centro puido disfrutar desta interesante actividade: dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores do centro, os nenos e nenas de 6º de primaria.
Divididos en catro grupos segundo a idade, os rapaces e rapazas aprenderon moitos datos interesantes sobre os lixos marinos, a contaminación das augas, o problema dos microplásticos e as súas consecuencias e tamén aprenderon a diferenciar os distintos tipos de plásticos segundo a súa composición mediante un taller manipulativo.
E como non podía ser doutra maneira puxeron en valor, mediante unha proxección, o importante traballo realizado por algunhas mulleres científicas, que foron olvidadas e ninguneadas, entre outras :Hipatia de Alejandría, Paulina Rubio H ,Rosalind Franklin, Marie Curie... e outras moitas, sen olvidar a Ángeles Alvariño, una muller galega oceanógrafa, zooplanctóloga e profesora precursora na investigación oceanográfica mundial (nome que leva un dos buques oceanográficos de Vigo)
Queremos dar as grazas a estas tres  científicas que nos visitaron Isabel, Virginia e Agueda, por a súa contribución a ensinarnos a súa profesión, fomentando a mellora do medio marino, abrindo camiños a outras mulleres e por suposto por adicarnos o seu tempo nunha maña moi ilustrativa. 
 


 



 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario