A astrofísica viguesa Begoña Vila, premio
Wonenburger da ciencia
A astrofísica
viguesa Begoña Vila Costa recibirá este
ano o premio Wonenburger, unha distinción que busca destacar o talento femenino
en ámbitos relacionados ca ciencia.
Estudou física na
Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de
Canarias, doctorandose posteriormente en astrofísica no Centro Jodrell Bank
para Astrofísicos da Universidade de Marchester, e comenzando a súa traxectoria
profesional no Reino Unido e Canadá, estando na actualidade traballando en
Washington no Goddard Space Flight Centre da NASA.
É doctora en astrofísica especializada no estudio de galaxias espirais.
Na actualidade reside en Estados Unidos, onde recentemente foi premiada pola
NASA coa medalla que concede ás persoas que contribúen de xeito relevante á
misión da axencia espacial. De feito, é unha das principais responsables do
telescopio espacial James Webb, que vai substituír ao mítico telescopio Hubble,
liderando un equipo composto por máis de 1.000 persoas e que conta cun
orzamento de 9.500 millóns de euros.
Entre outras cousas está
encargada como inxeniera de sistemas de dous dos cinco instrumentos do
telescopio: o “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao
telescopio espacial James Webb, que é necesario pra que o telescopio apunte ao
espacio coa estabilidad crítica pa facer os seus descubrementos e o “Near
Infrared Imager and Slitless Spectrograph (NIRISS)” que fará observacions das
primeiras galaxias e estrelas que se formaron no universo e sistemas
planerarios
No ano 2016 foi condecorada
pola NASA coa medalla “Exceptional Public Achievement” polos seus anos de
liderado e logros excepcional, así como o deseñeo e desenvolvemento do “Fine
Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James
Webb, que funcionan como un sensor ultra-sensible que permitirá apuntar e
estabilizar o telescopio, que poderá, entre outras cosas, analizar exoplanetas
e a súa composición, ou coñecer cómo se formaron as primerias galaxias e
estrelas tras o Big Bang.
Nas anteriores edicións foron
sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa
Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José
Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola e Peregrina Quintela.
A Unidade de Muller e Ciencia
creouse fai dez anos co obxectivo de incrementar a presenza da muller nos
ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a
perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas,
instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias
relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome
que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.
Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA chégannos unha serie de RECOMENDACIÓNS e RECURSOS para traballar.
Tamén podemos ler o MANIFESTO que escribiu a investigadora Peregrina Quintela Estévez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario