Todas as entradas do blogue
miércoles, 18 de junio de 2025
Las jirafas no pueden bailar
O alumnado de cinco anos de Infantil dramatizaron o libro "Las jirafas no pueden bailar" da editorial Bruño, na súa graduación, ante as familias e o alumnado de infantil. Ante realizouse unha gravación deste conto para poder empregar no festival.
jueves, 1 de junio de 2023
Visita de Andrea Maceiras
“Hoxe veu a escritora Andrea Maceiras ao noso colexio. Os de sexto
limos a súa novela “A folla azul”.
Andrea mostrounos na
pantalla da biblioteca unha presentación, realizada por ela, onde nós eramos os
protagonistas viaxando á selva do Amazonas, o lugar onde se desenvolve a
historia do libro.
Andrea aproveitou
para falarnos doutros títulos que ela escribiu, que a verdade parecen moi
interesantes.
A continuación
fixémoslles preguntas sobre a historia e asinou os nosos libros cunha dedicatoria
e o debuxo dunha pantera.
Para acabar a mañá
Noé,Esmeralda e Denís fixéronlle unha
entrevista na radio, coas preguntas que elaboramos previamente na clase.
Grazas Andrea por esta visita"
" Algunhas veces abonda algo pequeno como unha cuncha para borrar a destrución porque sen esperanza non existiría a posibilidade dun mundo mellor"
jueves, 4 de febrero de 2021
Club de lectura de 6ºB: Los mellizos y el misterio del tesoro escondido
Realizamos outro club de lectura en torno a radio escolar.
Nesta ocasión son o alumnado de 6ºB os/as encargados de realizar un programa de radio sobre o libro que leron "Los mellizos y el misterio del tesoro escondido" de Concha López Narváez e María Salmerón López, da editorial Bruño.
Se queredes saber de que vai o libro escoitar a gravación que fixeron estes entusiastas lectores.







