Orbilmanía
Este é o blogue da Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Todas as entradas do blogue
domingo, 30 de marzo de 2025
Lecturas compartidas 1ºA - 4º
Grazas chicas, encantounos!
viernes, 28 de marzo de 2025
miércoles, 26 de marzo de 2025
3ºA recitan a A. Garcia Teijeiro
martes, 25 de marzo de 2025
3ºB recitando a Garcia Teijeiro
Con motivo do día da poesía, 21 de marzo, o alumnado de 3º B estiveron recitando poemas, gustoulles tanto que quixeron ir a gravar na radio algúns dos poemas de Antonio García Teijeiro.
lunes, 24 de marzo de 2025
Creando poemas
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e foi declarado pola UNESCO en 1999, "co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de escoitar as linguas en perigo de extinción

jueves, 20 de marzo de 2025
8 M: Mulleres de Europa
Dende
a comisión de biblioteca quixemos volver conmemorar o Día Internacional da Muller realizando algo especial.
Aproveitando que dentro do noso PDI “Viaxando por
Europa” estudaban en cada aula mulleres
destacadas de cada país, pedimos que escolleran unha muller de cada nacionalidade, acompañada dunha foto e unha
breve reseña. Con ese material realizamos un mural .
Para elaboración das letras do mural “Mulleres
de Europa para o mundo” beneficiámonos da
nosa cortadora laser, así como dun dos nosos bibliotecarios que se encargou de elaborar o formato e imprimir.
A continuación co programa CANVA creáronse
unha maqueta de cada unha das Mulleres importantes elixidas.
Para rematar un mapa do mundo serviu para enmarcar
nos países onde naceron estas mulleres emprendedoras.
Así
de bonito quedou o mural deste ano 2025!
miércoles, 19 de marzo de 2025
Martina e Keren contan..."La madrastra de Blancanieves"
lunes, 17 de marzo de 2025
Obradoiro de biblioteca creativa

martes, 11 de marzo de 2025
Bee-bot en 1ºA
O alumnado de 1ºA estiveron aprendendo a empregar o Bee-bot. Bee-Bot é un robot educativo deseñado para ensinar programación, pensamento computacional e estratexia.
domingo, 9 de marzo de 2025
LECTURAS COMPARTIDAS 5º-1ºA
O pasado mércores estiveron na clase de 1º A dúas alumnas de 5º, Paula e Gabriela. Foron a ler un libro titulado, "A oruga impaciente".
É a oruga máis impaciente do bosque, tanto esta como o lector partirase de risa lendo e descubrindo que a súa falta de paciencia levaralle a non poder esperar para converterse no soño de toda eiruga...converterse en bolboreta!
jueves, 6 de marzo de 2025
El cartero de Babdag: club de lectura de 6º
O xoves 27 de febreiro tivemos a reunión co alumnado de 6º, en torno ao libro "O carteiro de Bagdad" do escritor Marcos Calveiro.
Neste encontro falamos da historia do libro. Unha familia iraquí ten que sobrevivir diariamente entre bombas e explosións. O protagonista é un neno chamado Abdulwahid; o seu pai, un dos poucos carteiros que quedan en Bagdad, sofre un accidente de moto. É entón cando lle pide ao seu fillo que termine unha misión, que consiste en entregar unha carta misteriosa. Nesta misión axudaralle o seu amigo Ahmed, que é chiita, a diferenza deles, que son sunitas.
Tamén proveitamos para falar da cultura iraquí, desde as comidas que se facían antes e en época de guerra, coñecer a diferenza entre chiitas e sunitas, saber sobre o ramadán ou sobre a existencia da única medalla de Irak nos xogos olímpicos.
En definitiva unha reunión moi agradable, no que aprendimos sobre un país moi diferente ao noso.
Para rematar o noso club deste curso tomámonos uns doces!!
martes, 25 de febrero de 2025
Cantares Gallegos en 2ºB
En 2ºB traballaron a obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" para conmemorar á escritora. Reflexo do seu traballo queda recollido na seguinte gravación.
domingo, 23 de febrero de 2025
Día de Rosalía
O 23 de febreiro está recollido como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega.
Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do día de Rosalía; dende a biblioteca aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. Realizamos unha exposición cos libros que temos da escritora.
Neste curso quixemos, de novo, que a vida e obra de Rosalía cobrase vida nas voces e artes gráficas do noso alumnado. Así en cada aula crearon, entre outras cousas, un mural da escritora, aprenderon da súa vida, poemas... e gravaron na radio.
viernes, 21 de febrero de 2025
Coñecendo Irlanda con 3ºA
O alumnado de 3º EP-A de primaria estiveron na radio gravando toda a información de interese sobre o país do que están encargados, Irlanda, dentro do PDI do centro "Viaxando por Europa". Con esta gravación realizaron unha presentación para todo o centro.
Rosalía en 1º A
O alumnado de 1ºA estiveron coñecendo a vida e obra de Rosalía. O resultado final foi a realización dun programa de radio, que lles fixo moita ilusión a súa gravación.
jueves, 20 de febrero de 2025
XOGAMOS E APRENDEMOS NA CLASE DE 5 ANOS B
Que mellor xeito que adquirir valores xogando? Na biblioteca collemos xogos que podemos levar a aula e xogamos por parellas, en equipo ou individualmente. Sempre aprendendo o respecto, a tolerancia, o traballo en equipo, a resolución de conflitos, a toma de decisión, a xestión da frustración… e a divertirnos xuntos!