miércoles, 16 de noviembre de 2011

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero



Estamos a vivir nunha sociedade que empeza a sensibilizarse e a rexeitar a violencia que se exerce contra das mulleres. A escola e a familia son ámbitos privilexiados dende os que se pode e se debe traballar para erradicala. Profesorado e, sobre todo, os proxenitores, xogan un papel decisivo no establecemento dos xeitos de relación das rapazas e rapaces. O exemplo é o que máis educa.
As criaturas aprenden dentro da familia a integrar as súas relacións,absorben como esponxas os xeitos de comportamento das persoas adultas e máis tarde na escola ao se relacionaren cos seus iguais van incorporando outra serie de habilidades sociais tales como cooperar, poñerse no lugar da outra persoa, facer amizades.Polo tanto, o traballo dende o sistema educativo tamén é necesario; a prevención da violencia de xénero convértese en algo ineludíbel e pode abranguer actuacións xerais, básicas e concretas. A escola debe ser o lugar para fornecer valores como o respecto, a igualdade dentro da diversidade e da diferenza, o espírito crítico, é un espazo onde se aprende a pensar, a analizar, a descubrir,...é por isto un dos sitios idóneos para previr calquera tipo de violencia.
Dende a Comisión da Biblioteca facemos unhas propostas encamiñadas a sensibilizar ao noso alumnado na difícil función de facer unhas relacións entre os sexos máis respectuosas e pacíficas.

PREME SOBRE OS ENLACES PARA VISUALIZAR O CONTIDO:





Violencia de xénero é toda aquela violencia que se produce contra a muller por pensar que esta é inferior. Non esquecemos países nos que a muller é maltratada polo mero feito de selo.  Non esquecemos o sufrimento, o medo, o terror...que padecen. Non queremos esquecer, por iso dende a escola imos elaborar un gran lazo de esperanza, que colocaremos na  entrada, para que posteriormente todo o alumnado coloque o seu encima.



1 comentario: