martes, 23 de abril de 2013

Día do libro

O Día do Libro, tamén denominado Día Internacional e Día Mundial do libro, é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Esta conmemoración realizouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

Durante este mes, con motivo deste data, dende a biblioteca programáronse actividades diferentes, chegando mañá a celebración do primeiro mercadiño de intercambio de libros usados, que se desenrolará na hora do recreo e proxecto lector, no salón de usos múltiples, poderán participar todos aqueles que trouxeran libros para cambiar, presentando o seu correspondente vale para poder escoller outro.


Este vídeo vai adicado a todas aquelas persoas que "coidan" do libros e gostan da lectura, fomentándoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario