martes, 28 de mayo de 2013

Xogos Musicais


Luís Prego vólvenos a encandilar con este libro-disco Xogos Musicais, onde de novo afonda na nosa música tradicional, adaptada aos máis cativ@s.
Este libro ilutrado por Marta Iglesias, está publicado por Edicións do Cumio, fai unha recopilacións de cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar os máis novos no ritmo e a melodía a partir de temas tradicionais e de composicións do propio Prego para traballar cuestións como letras e números. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles.A obra inclúe un CD con 38 temas.
Despois da gran difusión do seu libro " Para cantar e bailar" desexámoslle ao apreciado Luis, que foi meu mestre , de novo éxito neste novo proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario