viernes, 28 de junio de 2013

Consolidación da Aprendizaxe Cooperativa

Neste curso 2012-2013, que rematamos,  un grupo de dezasetes mestras realizamos un Seminario sobre consolidación de Aprendizaxe Cooperativa no CEIP Pena de Francia, sendo este o noso terceiro e último ano en formación neste campo. Unha parte do profesorado asume o reto de intentar dar resposta a diversidade que existe nas aulas, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades. 
A metodoloxía empregada propiciou a creación de ámbitos de reflexión sobre a propia práctica docente e como afrontar a xestión da aula a través do emprego xeneralizado da Aprendizaxe Cooperativa. En relación ao traballo do profesorado nas aulas valoramos como un logro importante que, por primeira vez implementamos os tres Ámbitos da Aprendizaxe Cooperativa dun xeito interrelacionado dende o primeiro momento podendo estruturar a actividade na aula de xeito cooperativo dende o inicio do curso.
A experiencia adquirida en relación coa estruturación da actividade na aula de xeito cooperativo e sobre todo no coñecemento das estratexias para poñer en práctica as dinámicas e estruturas, levounos a través da formación á abordar a xeneralización, consolidación e inclusión da Aprendizaxe Cooperativa nas nosas programacións, no Proxecto Anual, no Proxecto de Atención á Diversidade e a creación da Comisión de Coordinación de AC.
Estamos ilusionados e gústanos traballar a través da cooperación, o noso alumnado  demándao e lles motiva, asi que para o vindeiro curso haberá máis.
O CEFORE, pero sobre todo a Universidade de Vic é quen dirixe e aglutina toda esta experiencia educativa. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario