jueves, 9 de enero de 2014

Mamá. Mariana Ruiz Johnson.


Este libro, escrito e ilustrado por Mariana Ruiz Johnson é un poema e unha obra de arte para tódalas nais. A través dun texto sinxelo e poético, chega a nenos e nenas de tódalas idades e culturas. Acompañando ao texto, ilustracións sinxelas pero con cores intensas, armoniosas, que lle dan vida a esta obra, e que fan referencia a pintores coma Paul Klee.
O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se ensalza á Madre Terra na súa totalidade: animais, plantas e outros fragmentos do mundo que nos rodea.
Ademáis, esta foi gañadora do VI Premio Internacional Compostela do Álbum Ilustrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario