Na semana do Día do Libro, no noso centro programáronse diferentes actividades:
FOLLETO CON SUXERENCIAS DE ORBIL PARA AGASALLAR AOS CATIVOS CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO:
Neste papeliño, as familias recibiron suxerencias de libros para Educación Infantil, e os tres ciclos de Educación Primaria. Aquí tedes o folleto!
Recomendacións Día do Libro
II INTERCAMBIO DE LIBROS:
Os nenos e nenas que quixeron participar nesta actividade, tiñan que traer ao cole, entre o 10 e 11 de abril, un libro para facer o troco. Este libro, sería cambiado por un vale, que o 24 de abril, utilizaría para facer o intercambio.
A actividade foi un éxito, os nenos quedaron moi contentos cos seus novos libros!

VISITA DUNHA CONTACONTOS DO CONCELLO:
O xoves 24 de abril viñeron do concello de Mos para contarnos "O inventor de monstros", a historia de Ramoncete, un neno que non quería aprender a ler, pero que gracias a Don Mostrocho, dono dunha tenda e inventor de monstros alucinantes, descubriu un marabilloso mundo na lectura.
contacontos concello 2014 - Movie Maker
No hay comentarios:
Publicar un comentario