miércoles, 28 de mayo de 2014

Brinca Vai. Paco Nogueiras


Brinca Vai, de Paco Nogueiras é un libro, CD e DVD, da editorial Kalandraka que nos trae 12 cancións para os 12 meses do ano con contidos relacionados co currículo, e títulos coma: o Entroido move o corpo, Nun libro, o Apalpador... 10 videoclips musicais, moi divertidos e que acompañan a estas cancións, e realizados por Sr. Sagüillo e un libro coas ilustracións de David Pintor. 


Brinca Vai pódese ver, ler e escoitar. É para divertirse na escola, na casa, cos amigos... Cancións con diferentes estilos musicais: reggae, rock, techno... que gustará a tódolos nenos e nenas de tódalas idades.
Ademáis, pódense atopar moitos recursos para profesorado e ideas na sua web.
O domingo 1 de xuño ás 19:00 podedes ver un concerto na Praza de Compostela de Vigo, xa que estarán alí na Feira do Libro. 

E agora, déixovos un adianto!




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada