miércoles, 11 de junio de 2014

Cocorico na gran pantalla!

Cocorico, un pitiño que coñecimos no libro que leva o mesmo nome, da editorial Oqo, chega á gran pantalla na TVG, cunha serie de 26 capítulos na primeira temporada, e que podemos ver ás 11:00 e 17:00.
Cocorico, Mamá Galiña e o Gato Pelado, son os personaxes que aparecen no conto, pero Cocorico vai ter novos amigos, coma Don Cadelo, o galo Crechas e a carteira Tartaruga.
Coa compañía de Cocorico, os nenos e nenas ademáis de estar entretidos, usarán a imaxinación para solucionar conflitos, aprenderán dos erros e a valorar a amizade.
Premendo na imaxe podedes ver os capítulos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada