jueves, 19 de febrero de 2015

NOVEDADES E RECOMENDACIÓNS

O álbum ilustrado Maruxa, de OQO, ven de ser galardoado co CookBook Gourmand Award 2014, que selecciona os mellores libros de cociña de todo o mundo. Maruxa foi premiado na categoría “Best Illustrations CookBook” no estado español, na súa edición en galego. Os gañadores de cada país competirán en Yanyai, na China, polo título “The best in the world” o vindeiro mes de xuño. Os Gourmand coñécense popularmente como os “Oscar” dos libros de cociña e levan máis de 15 anos premiando obras de todo o mundo.
 



Quen é ese becho? de Carmen Queral.
 Un libro para os máis novos, de pastas duras, con poucas e ben medidas palabras, con ilustracións claras...
"Desde lonxe todos os bechos semellan iguais, pero se te achegas verás que os hai de todos os tipos ata chegar ao becho máis becho de todos...  Quen será?
 
 
 
A cidade dos nenos de Francesco Tonucci con ilustracións do autor.
Pontevedra é a cidade galega que se sumou  a outras europeas e latinoamericanas que teñen asumido o xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, urbes á medida da infancia que redundan nunha maior calidade de vida para todos os cidadáns. 
Tonucci é un pedagogo que vai máis alá da escola como ben demostra este libro que agora nos chega en galego, unha proposta que se estende á totalidade da vida para convencernos de que só o que está planificado para os máis débiles é válido para todos e todas. É hora de repensar a cidade e repensar a educación, é hora de ler a Tonucci e escoitalo.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario