lunes, 9 de marzo de 2015

CLUBE DE LECTURA NO CEIP PENA DE FRANCIA


Como no curso anterior no segundo trimestre púxose a funcionar  o Clube de Lectura coa profe Isabel en sexto. Nesta ocasión acuden todos as alumnas e alumnos dos dous cursos. A petición dos lectores, o encontro prodúcese na hora do proxecto lector, en vez de no recreo, en  xoves alternos cada curso. Estas sesións están sendo moi produtivas:  un punto de encontro de comunicación e esparcemento, onde o libro é o fio condutor das impresións e vivencias que provoca a lectura.
O libro elexido volveu ser Charlie e a fábrica de chocolate e, como non podía ser doutro modo, a cita literaria leva aparellada a gastronómica, de todo o relacionado con esa fábrica tan especial.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada