domingo, 20 de septiembre de 2015

Janosh


Eses dous amigos, que xa tamén son nosos, móvense polo universo de Janosh.
"Un día tigre pequeno regresou do bosque coxeando, xa non podía camiñar máis nin manterse en pé e caeu.
E quedou alí tombado no chan, no medio do prado.
Deseguida chegou correndo oso pequeno e preguntoulle:
–Que che pasa, tigre pequeno? Estás enfermo?
- Eu curareite, dixo oso pequeno"
As personaxes máis entrañables da literatura infantil continúan xuntas. Se sempre se prestaron coidados, agora fano máis, pois os amigos están para iso: para axudarse cando se necesita. Tenrura e humor, diálogos dunha sinxeleza universal e a dozura salpresando o relato.
É a amizade!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario