Frases moi curtas e sinxelas. Historias cheas de tenrura envoltas nun humor especial e unhas relacións que remiten ao mellor da infancia. Osiño e os seus amigos (Galiña, Parrulo, Gato, Bufo...), Osiño e a súa familia: pais e avós.Catro libros, cada un con catro historias arredor dun eixe temático, así, en Osiño atoparemos “Que vestirá Osiño?”, “Sopa de aniversario”, “Osiño vai á Lúa” e “O desexo de Osiño”. Todas as historias xiran arredor de Osiño e súa nai, o cariño e o sentido común ao lado da parte divertida que pon en solfa o que semellabanon estar claro. En Papá Oso volve á casa cóntanse aventuras relacionadas co seu pai, a aventura de andar pólo mar e os mitos salpresando a vida. A visita de Osiño conta a visita de Osiño aos avós, cómo a avoa lle conta o conto de cando Mamá Osa era pequena e coidou un paporroibo ata que o deixou voar para que fora feliz e el volveu e os fillos dos seus fillos o seguen a facer, cómo o avó lle conta o conto do trasno que ten medo os seus zapatos...En Un bico para Osiño, cóntasenos a historia do bico que a avoa lle envía a Osiño para agradecer o debuxo que lle enviou e como ese bico dá voltas e voltas… Ese debuxo de Osiño lembraranos a algún outro de Sendak. A ilustración deste volume cambian un pouco de estilo coas anteriores, resultan máis barrocas, máis natureza, menos personificadas máis debuxo do natural.
Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
Actividades
África
Animacion á lectura
Aprendizaxe
AS FAMILIAS CONTAN
autores.
banda deseñada
Biblioteca creativa
bibliotecas escolares
Celebracións
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
día da muller e a nena na ciencia
día da Paz
Día do Libro
discapacidade
diversidade funcional
Escornabot
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
Letras Galegas
libros
libros dixitais
libros electrónicos
Medio Ambiente
mochilas
mulleres
poesía
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
voluntariado
domingo, 6 de septiembre de 2015
Serie Osiño
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario