domingo, 27 de septiembre de 2015

Vidas cruzadas

Vidas cruzadas’ de Héctor Cajaraville, Premio de literatura infantil e xuvenil “Raiña Lupa”
O xurado da décima edición do Premio de literatura infantil e xuvenil “Raiña Lupa”, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu premiar a obra Vidas cruzadas do escritor Héctor Cajaraville Araújo.
O xurado destaca, por unanimidade, que Vidas cruzadas trata un tema actual, con ingredientes abondo para atraer o interese dos lectores e lectoras: emoción, intriga, misterio, mais tamén tenrura, dinamismo, vitalidade; a boa construción das personaxes, con personalidades complementarias, que empatizan co público mozo, o sentido do humor, o carácter interxeracional e o final circular son outros alicientes desta obra

No hay comentarios:

Publicar un comentario