lunes, 14 de septiembre de 2015

Xogando con gatos

Xogando con gatos é o último Premio Manuel María de de Literatura Dramática Infantil (2014). Da autoría de Antón Cortizas, o texto recolle o mellor da súa faceta de recompilador da tradición oral e dos xogos populares. Lembremos que del son os libros Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares de GaliciaTastarabás. Enciclopeda de brinquedos tradicionais e Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota.
A obra presenta o xogo como actividade imprescindible e para iso toma man da tradición, dos xogos pasados de boca en boca a través da memoria. Da memoria que hai que gardar fronte a  un monstro que quere roubala. Unha loita na que dúas fadas axudan aos humanos, pero na que os gatos terán moito que dicir. 
Unha nena aburrida de ver televisión e andar coa video consola tenta brincar, e se non hai nenos farao co....

No hay comentarios:

Publicar un comentario