domingo, 18 de octubre de 2015

Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade


O días 19 e 26 de outubro e 3 e 9 de novembro, terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo as Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade.
As sesións, que comezarán todas ás 17 horas, terán lugar na aula 1.5 da Facultade de Ciencias da Educación e contarán cos interesantes temas e poñentes:

  • 19 de outubro «A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero» Xabier P. Docampo ( mestre e escritor) Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral) Carmen Ferreira Boo ( experta en literatura de tradición oral) 
  • 26 de outubro «A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras» Fina Casalderrey ( mestra e escritora) Helena Villar Janeiro (mestra e escritora)
  • 3 de novembro «Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras»Paula Carballeira ( contacontos, actriz e escritora)
  • 9 de novembro «A poesía infantil. Música dende o colo materno»Antonio García Teijeiro ( mestre e poeta) 
Organiza á Área de Igualdade da Universidade de Vigo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario