Este artefacto mecánico con forma de cetáceo e habitado por uns curiosos personaxes, garda no seu interior máis dun cento de divertidas historias. Observa con atención e atrévete a imaxinar! )
Daniel tivo a boa, ou mala sorte, de ter nacido un 29 de febreiro. Apodado Bisesto na escola, terá que empregar todo o seu enxeño para superar unha chea de situacións inauditas, complexas e mesmo perigosas.
Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario