miércoles, 6 de enero de 2016

O trompetista e a lúa

 O trompetista e a Lúa é unha aventura musical dunha persoa que, sobre todo, persegue os seus soños,  para conseguilos vai necesitar a axuda da mesma Lúa.  O máis importante é a capacidade de traballo da persoa, o sacrificio que se autoimpón para poder alcanzar a meta que se propuxo. 
O autor explica que se baseou nun personaxe real para construír este da ficción, unha ficción que xira arredor da música e da sensibilidade que cómpre para escoitala, amala, reproducila. Porque a Natureza ten a súa propia música e non sabemos escoitala, Xelís de Toro lémbranos a importancia dese silencio que nos cómpre para non esquecer que todo llo debemos a ela; a esa natureza que nos empeñamos en arrasar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario