miércoles, 13 de enero de 2016

Poesía infantil: O país das Andaviras

A editorial Sotelo blanco vén de publicar na súa colección Bolboreta, O país das andaviras, libro de poemas de Xoán Babarro e ilustrado por Viki Berre.
Poesías sobre paxaros e outros seres voadores da nosa fauna: merla, paspallás, galo, perdiz, lavandeira...acompañadas de ilustracións cheas de cores.
Dirixido aos primeiros lectores de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria, este pequeno catálogo de aves é unha achega á poesía, ben para ler, recitar ou recrear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario