martes, 23 de febrero de 2016

Día de Rosalía

Un ano máis acordámonos da gran poetisa Rosalía de Castro no día do seu nacemento, 24 de febreiro. Así nas clase traballarán a vida e a obra desta autora adiantada ao seu tempo, e como non, aproveitarán para escoitar (incluso realizar Karaoke) con algúns dos seus poemas musicados. Dende a Biblioteca facilitarase material impreso.
Por outra banda dende o equipo de Normalización se realizará a silueta da cara dela nunha parede do colexio para posteriormente pintar o alumnado de sexto de primaria, así como facilitarán siluetas en papel para pintar na aula (wharholea a túa Rosalía) e posteriormente expor na corcheira.
Premendo nas imaxes atoparedes un pequeno mostrario de  recursos, dos moitos que existen, para disfrutar de Rosalía.
Na fundación que leva o seu nome obtemos información sobre a vida e obra. 
Gravación nos xardíns da Catedral de Tui do tema "Dende a Limia", poema de Rosalía de Castro (nº 24, Cantares gallegos) musicado por aCadaCanto.
Non podía faltar o fermoso poema "Negra Sombra" musicado por Carlos Núñez e Luz Casal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada