Queríamos coñecer como eran as historias das mulleres importantes na vida dos nosos nenos e nenas, as avoas , así escribindo e escoitando as súas vivenzas lles transmitisen os seus sentimentos, as súas inquedanzas e como non o seu sufrimento, para que asi fosen conscientes da gran labor realizada por elas noutra época.
As historias están chegando, cheas de lembranzas, amor, penas... pero sobre todo destaca a fortaleza destas mulleres rurais loitadoras, conciliadoras e moi traballadoras.
Uns traballos realizados con moito cariño e moi ben presentados.
O noso agradecemento a todas esas avoiñas por estar sempre apoiando á familia!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario