lunes, 18 de abril de 2016

Actividades en torno ao día do libro

Resultado de imaxes para don quijote de la mancha
Con motivo da conmemoración do día do libro, 23 de abril, dende a escola queremos homenaxear a Miguel de Cervantes, no seu catrocentos aniversario do seu falecemento, con varias actividades.
Unha delas será un acto, o 22 de abril, onde un afamado actor interpretará a Cervantes,que nos contará a súa vida, aproveitaremos para que a alumna Maria Calvar, gañadora de varios premios, lea algunha das súas creacións literarias e posteriormente visionaremos varios episodios do “EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA”.
Por outra banda a Comisión da Biblioteca ofrecerá ao profesorado recursos variados para traballar co alumnado este evento e ademáis realizamos unha exposición con diferentes edicións do Quixote, onde estará unha imaxen de Miguel de Cervantes.
.
Por último para seguir disfrutando dos libros, o martes día 19 os bibliotecarios deste trimestre volverán a realizar sesións de contacontos en dez aulas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario