sábado, 23 de abril de 2016

Coñecendo a Manuel María con Manuel de Paderna

Este martes 26 o alumnado de Infantil poderá disfrutar de dúas sesións de animación á lectura graciás á Consorcio Editorial que nos ofertou  este proxecto pedagóxico elaborado arredor da figura de Manuel María.
Asi teremos entre nós a Manuel de Paderna  un profesional do teatro lucense  que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra, asi a partir dos textos de Manuel María vai construíndo unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.

O propósito de achegar a figura de Manuel María dun xeito didáctico pero lúdico convidando tamén aos nenos e nenas a participar da actividade xa que dentro dela, tamén atopamos ocos para as cancións, os xogos e a interactuación co contacontos. 
Moitos dos contos parten de obras tan coñecidas como “O Bigote de Mimí”, “Os soños na gaiola” ou “A tribo ten catro rios” polo que todos e todas abofé poderán recoñecer neles o legado de Manuel María á cultura galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario