lunes, 30 de mayo de 2016

Novos premios para Ledicia Costas


Por unha banda, o Premio dos clubs de lectura 2016, premio que recoñece á autora máis lida nos clubes de lectura do ámbito educativo e do que se fará entrega o 10 de xuño, e, por outra banda, o Premio Losada Diéguez, pola obra Un animal chamado néboa. O xurado do Losada Diéguez salientou que os relatos de Costas nesta obra "conseguen demostrar a condición global da memoria dos traumas da nosa historia recente, grazas a un hábil manexo de innumerables fontes documentais. A autora ofrécenos unha crónica do mellor e do peor da condición humana. Viaxamos así, sen solución de continuidade, do xeral ao particular por medio dun conxunto de historias que suscitan en nós un abano de emocións que chegan a deixarnos case sen alento".
Ademáis a páxina do IBBY adicada a libros infantís en linguas europeas, IBBY Europe, vén de engadir o libro Escarlatina, a cociñeira defunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario