viernes, 27 de mayo de 2016

Poemar o mar

https://1.bp.blogspot.com/-GddBXwEw_pE/VzB7pXslpAI/AAAAAAAAH4A/pzCrV5jn9kseuQZGCfpxX7CZbFFi8RAdQCLcB/s1600/poemar.jpgPoemar o mar pecha a triloxía do mar de Antonio García Teijeiro , da que forman parte ademais Palabras do mar, editado por Embora, e En la cuna del mar, editado por Creotz ediciones.
O autor indicou na presentación do libro que concibe «o mar como un sentimento íntimo», «sinto que o mar me chama, como me chaman os poetas do mar como Alberti, Mendiño ou Martín Codax».
Publicado en Xerais, na súa colección Merlín e destinado a partir de lectores autónomos, este mar de García Teijeiro ronca, molla cos poemas, ten trenzas, anda murcho, chora por dentro e cala por fóra...nese xogo poético inundado de lirismo.
As fermosas ilustracións son de Xan López Domínguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario