jueves, 5 de mayo de 2016

Teatralización de Carabuñas

O día 29 de abril para rematar a celebración do día do libro, dende a Comisión de biblioteca organizamos a dramatización de “Carabuñas”, libro que se lle pedirá ao alumnado de Infantil por Nadal.
Houbo moitos ensaios, compra de traxes e decoración, ingredientes que resultaron fundamentais para que encandilaran a todo o público existente, infantil e primeiro curso. 
As alumnas de 5º, bibliotecarias, Noa, Fátima e Aroa realizaron un traballo marabilloso. Noa interpretou a Carabuñas, Aroa a intrépida Blanca e Fátima cunha entonación perfecta foi narrando a historia. Noraboa!!
A atención e o silencio foi total, o  que  fixo que se poidera gravar cunha moi boa calidade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario