miércoles, 8 de junio de 2016

A colaboración da nosa ANPA.

Agora que estamos chegando ao final de curso non podemos deixar de salientar a especial colaboración e implicación da nosa ANPA neste curso, que nos doou 400 euros para a compra de material textual,  cantidade que aumentaron con respeito a outros cursos.  Manifestándonos que ante a masiva lista de espera nos libros adquiridos e o entusiasmo do alumnado por ler neste curso, decidiron que a mellor contribución dende a súa asociación era fomentar máis o gusto pola lectura. Cartos que aproveitamos para mercar máis libros de actualidade e que o alumnado seguía pedindo.

A ANPA valora a biblioteca como un elemento clave de calidade do centro e participan sempre que se lle solicita na preparación e execución das actividades propostas. Dende aqui agradecemos esa confianza. Que orgullos@s estamos desta asociación!!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario