domingo, 4 de septiembre de 2016

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta


https://cadernodacritica.files.wordpress.com/2016/07/jules-verne-e-a-vida-secreta-ledicia-costas.jpg

Ledicia Costas, neste Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015, dálle vida a unha estirpe fantástica feminina en Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
.Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é unha obra ambientada no Vigo do século XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade da ría que o inspirou para escribir un dos episodios de 20.000 leguas de viaxe submariña. Con todo, contra o que acredita a documentacion da época, esta visita de Verne a Vigo no ano 1.884 non é fortuita. O escritor chega á cidade porque esta a perseguir o rastro das misteriosas mulleres planta. 
A protagonista da obra é Violeta, unha adolescente intelixente e inconformista que vive cos seus avós nunha botica. Os tres están convencidos de que ninguén máis ca eles coñece o segredo que agochan desde hai decadas: que tanto a propia Violeta como a súa avoa Melisa pertenecen a esa estirpe de mulleres metade humanas, metade planta. Coa chegada do escritor á cidade, iníciase unha aventura na que hai submariños, iates a vapor e extrañas criaturas con alma de planta.

1 comentario: