jueves, 6 de octubre de 2016

As escolas que cambian o mundo

Las escuelas que cambian el mundo de [Bona, César]

Pareceunos interesante a adquisición deste libro para poder realizar unha reflexión sobre a educación.
O mestre César Bona, coñecido por ser finalista ao Global Teacher Prize, percorreu sete centros educativos españois que forman parte da rede internacional de Escolas Changemaker de Ashoka, co fin de descubrir a súa fórmula para facer da educación unha ferramenta para o cambio.
As Escolas Changemaker son unha rede mundial de escolas pioneiras que se adaptaron ás necesidades educativas actuais, en sintonía cun mundo en cambio constante, e que se converteron nas xeradoras dos cambios sociais do futuro.
Neste libro recolle as súas experiencias e impresións sobre os seguintes centros: o colexio Amara Berri (San Sebastián); a escola La Biznaga (Málaga); o instituto Sils (Girona); o centro de formación Padre Piquer (Madrid); a escola rural Ramón y Cajal (en Alpartir, Zaragoza); Sadako (Barcelona) e O Pelouro (en Caldelas de Tui, Pontevedra).
Todas afástanse do ensino convencional, con técnicas das que agora se definen como innovación educativa, aínda que algunhas levan máis de 40 anos aplicándoas. Entre outras fórmulas, dan clases en aulas sen paredes nin pupitres, evitan os exames e os deberes, non separan aos alumnos por capacidades ou por idades, botan man de exemplos da vida real como ir ao mercado ou deixan que sexa o alumnado quen decidan e voten as normas do seu colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario