martes, 8 de noviembre de 2016

Contacontos de celebración

O venres 28 de outubro, para celebrar o día das bibliotecas escolares, os bibliotecarios e bibliotecarias de quinto volveron neste curso a realizar os contacontos, abarcando dende Infantil de tres anos ata segundo nivel de primaria.
 Foi un día fantástico, onde os nervios estiveron presentes ata o momento da actuación; os/as diferentes artistas realizaron unhas demostracións preciosas dos diferentes libros, ante un público totalmente entregado e agradecido.
Decir que durante todo o mes houbo un esforzo por parte de todos e todas eles, realizando ensaios diversos, houbo talleres de costura, plástica, etc  para realizar modelos dos/das protagonistas dos libros... por haber ata houbo presentacións dos libros e tarta... uns fenómenos este alumnado. 
Como tiveron tanto éxito no venres seguinte volveron a realizalos noutros cursos. Un orgullo traballar e disfrutar con eles, noraboa polo esforzo!!



  
 

INFANTIL
LIBROS
BIBLIOTECARI@S 5º A
 ANOS
 O GATO LAMBÓN
CARLOS E XOEL
4 ANOS A
GATO GUILLE E OS MONSTRUOS
GABRIEL-RAÚL
4 ANOS B
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER…
JUAN-PABLO A.
5 ANOS A-B
XAIME E AS LANDRAS
SARAI-ZAIRA
PRIMARIA
1ºA
SEIS BARBUDOS
ANDREA-MAIKA
1ºB
A PULGA E O XIGANTE
SARA G.-CARLA-HUGO
2ºA
VELLIÑAS
CANDELA-ÁGUEDA
2ºB
EL ÚLTIMO CANTO
XOEL A.

No hay comentarios:

Publicar un comentario