jueves, 15 de diciembre de 2016

Coñecendo a Roald Dahl

Neste trimestre propuxémonos dende a biblioteca que o noso alumnado coñecerá a un dos xenios da literatura como é  Roalh Dalh, no centenario do seu nacemento.  
Asi puxémonos man a obra realizando na entrada da biblioteca un gran mural sobre a  súa vida e obra, presidida por unha gran imaxen do escritor realizada por unha compañeira artísta. Mural que foi moi visitado dende as clases para documentarse.
Por outra banda preparamos un  expositor cos libros que había na biblioteca e que se mercaron. Expositor que foi empregado durante o trimestre polo profesorado e alumnado.
Tamén se tivo en conta que os libros electrónicos, recentemente adquiridos, tiveran varios obras do escritor e ademais dentro do itinerario lector de sexto encóntrase a lectura do libro de Charlie e a fábrica de chocolate. 
En  Infantil  se lle facilitou un libro en pop-up "Charlie y la fábrica de chocolate" da editorial Combel que fixo as delicias de moitos pequenos-as.
Por último non podíamos olvidarnos das súas películas, así que  Infantil, primeiro e segundo visionaron "James y el melocotón gigante" e  a partir de terceiro "Matilda" para esta última película se preparou unha ficha técnica  e unha batería de preguntas para debatir ao finalizar.
Con todo estas actividades esperamos haber aprendido a coñecer mellor a Roald Dahl.

Resultado de imagen de charlie y la fabrica de chocolate libro

      


No hay comentarios:

Publicar un comentario