miércoles, 11 de enero de 2017

Aleida, cidade sen alma

aleida

A primeira obra de Víctor Boullón, Aleida, cidade sen alma. Este libro en banda deseñada en galego recolle unha historia de aventuras e misterio con trasfondo histórico ao figurar detalles como a construción da catedral ou o conflito entre os arzobispados de Santiago e Braga. Esta obra está coeditada por Komic Librería e Demo Editorial.
A obra transcorre na Compostela de finais do século XII, onde Aleida, unha inquieta rapaza cuxo pai traballa nas obras de reforma da catedral, decide investigar unha morte producida no interior do recinto, aparentemente a causa dun lobo. Nun contexto de loitas políticas entre Compostela e Braga, introducímonos nunha aventura chea de misterio.
Xa está nos nosos andeis disposto a facer as delicias dos nosos lector@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario