miércoles, 25 de enero de 2017

O neno inverno


A escritora María Canosa vén de publicar na editorial Galaxia, colección Árbore, esta historia que sorpréndenos pola sensibilidade con que trata o tema do acoso escolar, o respecto ás diferenzas e por suposto a importancia que teñen as amizades na vida das persoas. 
O neno inverno é a historia dun neno albino que está acostumado a ser diferente e de que isto provoque a mofa por parte dalgúns compañeiros, e xunto cunha moza chámada Alex, protagonizan unha historia fermosa de amizade e pluralidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario