miércoles, 19 de abril de 2017

Bardo Abelardo

Este curso, dentro das nosas propostas de animación á lectura, temos a sorte de contar con Servando Barreiro que nos vai a amosar a súa proposta didáctica a través de O Bardo Abelardo,  grazas a xentileza da Consorcio editorial galego que nos ofertou esta interesante actividade para Educación Infantil e primeiro e segundo de primaria. Contaremos ca súa presencia este xoves 20 de abril ás doce da mañá.
Servando Barreiro é  músico e contador de historias ao estilo dos antigos bardos con unha ampla traxectoria dentro da animación infantil, da música tradicional e de autor. Os seus espectáculos combinan a nosa rica tradición cultural con historias máis actualizadas para sensibilizar aos máis novos coa música, a poesía e a defensa e coidado do medio a través dos contos e as cantigas.
Bardo Abelardo, xunto ao seu repertorio de cantigas tradicionais, tamén quere render homenaxe a Carlos Casares no ano no que se lle dedica o día das Letras Galegas 2017 con un espectáculo no que vai debullando unha serie de contos con referencias expresas as obras infantiles mais coñecidas de Carlos Casares como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”. Así podremos escoitar por exemplo a historia de Leoncio , o inventor da bomba da Felicidade e outras historias mais, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da sua concertina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario