O venres 12 viu a nosa escola o animador Benxamín Míguez para o alumnado de 1º e 2º que lera o libro de Agustín Fernández Paz titulado “ A pastelaría de dona Remedios” e os de Infantil “Se eu fose un Can”.
Primeiro demostráronlle que leran moi ben o libro xa que contestaron ás preguntas que lles fixo, sin fallar e ordeadamente. Logo diveríronse moito coa historia que el lles foi contando, onde o protagonista era un dos compañeiros-as, debuxaba e contaba a historia o mesmo tempo e o rematar regaloulles o debuxo.
Foron catro sesións intensas de 50 minutos, en grupos de 40 nen@s, onde o alumnado o pasou estupendamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario