domingo, 14 de mayo de 2017

Carlos Casares

Resultado de imagen de carlos casares
Carlos Casares, é o persoeiro a quen se lle adica este ano as Letras Galegas, naceu en Ourense en 1941. Non tivo unha vida moi longa, pois morreu en Vigo cando tiña só sesenta anos, pero durante ese tempo fixo moitas cousas. Foi profesor de ensino secundario, director da editorial Galaxia e deputado no Parlamento de Galicia. Mais a principal de todas as súas actividades foi a de ser escritor. Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de persoas importantes na historia e literatura galegas e bastantes contos para nenos e nenas, entre os cales o máis famoso é A galiña azul. Tamén escribiu unha obra de teatro, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e miles de artigos para xornais e revistas. Home de memoria prodixiosa, cando se falaba con el, era moi normal que contase fermosas historias e anécdotas da súa nenez, que lembraba con moito humor e detalle.
 
Edicións Xerais da man do escritor, xornalista, crítico teatral e editor, Damián Villalaín achega este libro divulgativo sobre a vida, obra e personalidade de Carlos Casares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario