O xornalista Carles Capdevila deixounos para sempre, quédanos un amplo legado xornalístico en prensa, radio e
televisión, así como no seu bloguer persoal e en Youtube, onde sempre se poderán
gozar dos seus monólogos, relatorios e charlas.
A pesar de que puña o foco en calquera aspecto da realidade
informativa, un dos seus temás máis recorrentes e polos que cobrou máis
notoriedade foi pola súa aguda e locuaz perspectiva sobre a educación, para a que recorría á súa propia experiencia
persoal, como pai de catro fillos.
Capdevila dedicou os últimos días a facer visibles os
"heroes anónimos que se dedican a coidar a outras persoas", como as
enfermeiras e os médicos, e publicara recentemente o libro 'A vida que aprendo'
(Arcadia), un dos máis vendidos do último Sant Jordi.
Nesta ponencia fala da importancia de facer un bo equipo cos mestres e mestras dos fillos/as
No hay comentarios:
Publicar un comentario