lunes, 26 de junio de 2017

María Victoria Moreno será homenaxeada nas Letras Galegas 2018



O 17 de xuño a Real Academia Galega decidía adicar o Día das Letras Galegas 2018 a María Victoria Moreno, escritora da literatura infantil e xuvenil. 
Nacida en Estremadura, exerceu a docencia en diferentes lugares de Galicia pero foi en Pontevedra onde se instalou definitivamente até o ano da súa morte, en 2005. Legou a súa biblioteca ao IES Torrente Ballester, onde foi profesora os últimos anos de docencia. A biblioteca do Torrente leva o seu nome.
Algúns dos seus libros destacados son Leonardo e os fontaneiros (1986) Premio O Barco de Vapor de 1985, Anagnórise (1989), que formou parte da lista de honra dos IBBY ou Guedellas de seda e liño (1999), mención especial White Ravens en 2002. En Diario da luz e a sombra (2004) fai unha reflexión sobre os efectos da enfermidade que padecía.
Destaca ademais por ser defensora e impulsora do galego ( a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor), tradutora, libreira ou editora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario