miércoles, 13 de septiembre de 2017

O valo


Carlos Labraña co seu libro o Valo gana o Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil na súa novena edición, onde o xurado salientou “o carácter sobresaínte” desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.
“O valo” propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.
No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede.  Mirando as estrelas fugaces no firmamento, comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.
Iustrado por Nuria Díaz, e coeditada por Xerais e AGADIC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario