Este martes día sete volvémonos a reunir en torno a un libro, o título elexido neste primeiro trimestre foi Patria, novela de Fernando Aramburu, gañadora en outubro do premio Nacional de Literatura na modalidad de Narrativa.
Un libro sobre o País Vasco nos anos do terrorismo de ETA. Ao longo de máis dunha hora fomos desgranando as dúas familias nas que se basa a novela, os diversos personaxes que interveñen e as circunstancias persoais de cada un deles, os acontecementos vividos e consecuencias, a situación de tensión que se vivía... e como ao longo dos anos os personaxes van transformándose.
Tamén tivemos tempo de reflexionar sobre a evolución positiva do País Vasco e do seu carácter, da súa extensa gastronomía e da cantidade de nomes vascos que temos na nosa contorna. En fín unha xornada moi agradable en torno a esta lectura
Decir que "Patria" ganou outros premios literarios como o Francisco Umbral o Libro do Año e da Crítica e vindeiramente convertirase en serie de televisión.
O vindeiro club de lectura do segungo trimestre será sobre a novela de Isabel Allende
" Más allá del invierno" o día 20 de febreiro ás 18h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario