Nesta semana que se celebra o 25 de novembro quixemos dende a biblioteca sensibilizar ao noso alumnado en contra da violencia de xénero, para o que se facilitou toda clase de material tanto en papel como en audiovisual, sobre a violencia que se pode exercer hacía o xénero femenino asi como libros de coeducación.
Tamén preparouse unha corticeira para que o alumnado poidera plasmar todo tipo de ilustracións, frases, eslogáns...baixo o lema "Neste planeta homes e mulleres somos iguais"
Móstranse uns carteis muy significativos sobre este tema, elaborados nas clases de informática, polos bibliotecarios e bibliotecarias de quinto
Como remate o venres haberá un acto conmemorativo para todo o alumnado con actividades de información, teatro e música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario