O 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, cuxo obxectivo é concienciar á poboación mediante a educación, sobre a problemática Ambiental e a súa afectación á calidade de vida presente e futura, fomentando o camiño cara a un desenvolvemento sustentable.
Considérase que a primeira recomendación oficial internacional que expón utilizar a ferramenta educativa como resposta á problemática ambiental é a Declaración sobre o Medio Humano, documento final da Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Humano, celebrada na cidade sueca de Estocolmo do 5 ao 16 de xuño de 1972.
Esta declaración é o punto de partida de toda unha serie de conferencias, reunións e programas que tentan desenvolver e definir o concepto de educación ambiental.
"A educación ambiental é un proceso permanente no que os individuos e as comunidades toman conciencia do seu medio e aprenden os coñecementos, os valores, as destrezas, a experiencia e, tamén, a determinación que os capacitan para actuar, individualmente e colectivamente, na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros."
No hay comentarios:
Publicar un comentario