O pasado
martes 20 de febreiro ás seis da tarde volvémonos a reunir as nais e mestras para
falar do libro deste trimestre “Más allá de Invierno” .
Iniciamos a
reunión cun vídeo da escritora, Isabel Allende, na que realizaba unha explicación do título do libro e unha reflexión
persoal sobre aspectos tratados nel.
A
continuación comezou a nosa reflexión sobre
o que nos pareceu á lectura, onde se apreciaron variedade de opinións;
onde si coíncidimos foi na profunda descripción dos diferentes personaxes: Lucía, Evelyn e Richard, nas diversas e dramáticas vivenzas plasmadas, que casi
podían dar para varios libros. Comentamos a
empatía que nos espertaron esas valerosas e grandiosas muleres, que despois de
pasar situacións moi duras seguían sendo loitadoras e positivas. A personaxe
de Richard tamén levantou debate, sobre esa forma de ser tan peculiar e
as súas circunstancias.
Falamos dos
temas que aborda o libro: a soidade, a problemática de América Latina, as Maras, as ditaduras que ali habitan e a que
nós vivimos, a soidade, o maltrato, etc… e asi durante casi noventa minutos máxicos onde as verbas foron o fío condutor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario