Acabamos de adquirir este interesante libro en banda diseñada sobre mulleres valerosas, dende científicas, actrices ou activistas, estas mulleres que foron atrevidas, decididas e loitaron por conseguir os seus soños e saír adiante nos seus respectivos períodos históricos. Moitas delas fixeron saltar polo aire os prexuízos sociais e demostráronnos que botarlle valor e perseveranza non é cousa só de homes. Algúns exemplos son: Wu Zetian, emperatriz chinesa que creou un esbozo do actual dereito laboral e instaurou os méritos para poder acceder a cargos públicos; Margaret Hamilton, a actriz aterradora especializada en papeis do mal que fixo da súa estraña beleza un referente en Hollywood; ou Agnodice, xinecóloga grega que tivo que vestirse de home para poder traballar e conseguir que as mulleres puidesen exercer a medicina no seu país.
Nun principio Valerosas foi publicado en liña na páxina do importante xornal francés Le Monde.
Valerosas:Clémentine Délait, Nzinga, Margaret Hamilton, Las Mariposas, Josephina van Gorkum, Lozen, Annette Kellerman, a exploradora Delia Akeley, Joséphine Baker, Tove Jansson, a ginecóloga Agnódice, Leymah Gbowee, Giorgina Reid, Christine Jorgensen y Wu Zetian.
O tomo 2 de Valerosas presenta outras quince impactantes retratos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario