Non podíamos deixar de mencionar este gran libro que xa está nos andeis da nosa renovada biblioteca. Sandra Uve da man de Lunwerg Editores rende homenaxe a casi un cento de mulleres pioneiras con ideas brillantes que, a pesar diso, pasan desapercibidas en moitos libros de historia.
A pesar do esforzo que supón recuperar referentes silenciadas e infravaloradas, das que pouco ou nada queda nas bibliotecas, a súa autora conseguiu un catálogo dunhas 3.000 mulleres. De todas elas, seleccionou 90 para un libro no que lle interesaban "as máis importantes, como Marie Curie ou Rosalind Franklin", pero tamén aquelas que destacan por "a forma na que loitaron para obter o seu invento".
A moitas delas non as coñecemos, pero as súas ideas brillantes transformaron a nosa vida. Nestas páxinas, Sandra Uve preséntanos a máis de noventa mulleres de todos os tempos que, ao contraxeito, lograron patentar un invento e, en definitiva, conquistar a súa liberdade física e intelectual.
Fortes, soñadoras, tenaces, sensibles, intrépidas, as por fin protagonistas de Supermulleres, superinventoras retratadas en acuarela xunto a unha reprodución da patente orixinal do seu invento impulsaron un diálogo transversal e desenvolveron novas miradas á realidade doutras mulleres. Esta viaxe ao mundo da creatividade permite dar a coñecer a súa tarefa e o cambio significativo que supuxo cada un dos seus inventos na nosa historia.
Unha fermosa homenaxe, merecido sen dúbida, a un grupo de mulleres valentes que loitaron pola igualdade e a liberdade
No hay comentarios:
Publicar un comentario