Este libro deu moito que falar ao ser unha novela histórica mexturada con ficción, con suspense...tamén por alternar historia pasada ca vida actual dos personaxes principais, pero por suposto ao constatar máis a fondo a fuxida a Galiza dos altos mandos militares alemáns e a súa presenza , tras a caída do Tercer Reich, a coñecida Ruta das ratas.
O escritor documentouse e investigou pormenorizadamente sobre a presencia de nazis para escribir esta trepidante novela.
Disfrutamos de novo da compañía das mestras e nais que quixeron compartir as impresións deste interesante libro.
De novo queremos agradecer á concelleira Sara que nos proporciona os libros para este modesto clube de lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario